publicidade hoxe

O Concello de Vedra informa sobre as axudas para o fomento da contratacion dos seguros agrarios 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar, ven de publicar a Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2014.
 
O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como o clima, enfermidades e outros.
A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2014 e liñas gandeiras dos plans 2013 e 2014, formalizadas no 2014, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e na referida orde de convocatoria. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.
 
As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

29 de abril de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.