publicidade hoxe

O Concello de Ferrol confía en que o Tribunal Europeo ditamine a favor da reclamación do IBI a Navantia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O Concello de Ferrol confía en que o Tribunal Europeo ditamine a favor do cobro por parte da administración local da cantidade económica correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) polos terreos que ocupa a empresa naval Navantia na cidade.

Segundo explicou o edil de Facenda, Alejandro Langtry, a Comisión Europea emitiu un informe favorable aos intereses do Concello de Ferrol, que agora terá que ser avaliado polo Tribunal Europeo, que fora consultado sobre a sentenza favorable que Navantia obtivera sobre o IBI de 2009.

A Comisión Europea sostén que Navantia tería que pagar o IBI debido a que se dedica á reparación e construción de barcos civís e non só militares. Este imposto suporía ao redor de 600.000 euros anuais.

No entanto, o edil de Facenda mostrouse convido de que se chegará a un acordo pronto, ben pola man tendida deste Concello á empresa ou por esa sentenza do Tribunal Europeo”.

16 de abril de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.