publicidade hoxe

O Concello de Catoira e a asociación Vikinbikes convocan a II Ruta Vikinga BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraDeportes
A-
A+

O Concello de Catoira e a asociación Vikinbikes veñen de convocar a II Ruta Vikinga BTT, que partirá o domingo 11 de maio ás 9:30 horas do Pavillón Municipal de Deportes.

O circuíto percorre unha distancia de 40 quilómetros, cunha dificultade media, aínda que tamén se propón unha ruta alternativa para acurtala a 35 quilómetros.

Os afeccionados ó mundo das dúas rodas teñen de prazo ata o 7 de maio para inscribirse ata completar as 500 prazas dispoñibles, para o que deberán aboar unha cota de 6 euros, que inclúe o seguro.

Nesta edición, a organización trata de potenciar o espírito festivo que evoca o nome da cita, xa que un grupo de guerreiros viquingos estarán presentes nalgún punto do percorrido para animar a competición, acompañados do son das gaitas.

Ó remate da ruta haberá aperitivos para os participantes e o sorteo de material de ciclismo e unha estancia dunha noite na casa rural “Os Migueliños”. Dende a organización informan tamén que haberá dispoñible servizo de duchas e lavado de bicicletas.

A programación deste ano inclúe tamén unha proba-exhibición de bike-joring –bicicletas tiradas por cans- organizada polo club Alejandro Gómez-Purina, para a que hai que realizar unha inscrición á parte.

22 de abril de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.