publicidade hoxe

O Concello de Becerreá anuncia que devolverá a factura de marzo de Sogama e estuda unha posible demanda xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez (PSdeG), informou este luns de que o Concello recibiu a factura de Sogama do mes de marzo, por importe de 5.027,23 euros, que recolle por primeira vez a suba do 34 por cento por cento aplicada ao canon da empresas pública de xestión de lixo.

Ademais, o rexedor indicou que se baseará nos informes emitidos por Secretaría e Intervención para proceder a devolver a factura como trámite administrativo e incidiu en que non descarta presentar unha demanda xudicial, “en función da resposta”.

“Todo isto é debido a que pensamos que a factura é presuntamente irregular e case totalmente ilegal porque nós temos un contrato con Sogama ata 2019 no que se di que solo se nos subirá o IPC; ademais aquí a suba faina a Xunta, que en principio legalmente non ten nada que ver, porque a empresa é semipública, 49% da Xunta, e 51% dunha empresa privada”, argumentou Martínez.

O rexedor socialista criticou os alcaldes do PP que non se revelaron contra esta suba “ilegal” do 34 por cento do canon de Sogama, porque deberían estar a defender os intereses dos seus veciños e non os do PP”.

“O mesmo acontece coa Fegamp, que tiña que estar ao servizo dos concellos e non servindo de correa de transmisión do PP para poñer un novo imposto”, recriminou Martínez, quen tamén acusou ao presidente de Sogama, Luis Lamas, de ser un “irresponsable” porque “estivo un tempo intelixentemente calado pero agora volveu ameazar e coaccionar os concellos”.

14 de abril de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.