publicidade hoxe

Iniciativa Xove 2014 financiará con ata 4.000 euros os proxectos liderados por xóvenes de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigoXuventude
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria para este ano da orde de axudas Iniciativa Xove 2014, un programa dotado con máis de 500.000 euros e que ten como obxectivo financiar con ata 4.000 euros proxectos presentados e elaborados polos propios mozos e mozas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recordou hoxe en rolda de prensa que o período de inscrición para participar nesta iniciativa xa está aberto e rematará o próximo 15 de maio.

Coma explicou, a este programa poden presentarse tanto asociacións xuvenís xa constituídas como grupos informais de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que decidan unirse para emprender un novo proxecto. Cada un deles optará a un máximo de 4.000 euros para a posta en marcha de iniciativas xuvenís que se desenvolvan durante o ano 2014 e nos cales “as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas”, matizou Bravo Bosch.

Terán prioridade aquelas actuacións que se baseen en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino, entre outras. Os interesados poden obter máis información no seguinte enderezo web: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Con Iniciativa Xove estimúlanse, segundo considerou a delegada, valores e habilidades moi importantes como o talento e a creatividade, pero tamén a responsabilidade, o traballo en grupo ou a capacidade de liderado.

22 de abril de 2014 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.