publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal no concello de Amoeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policia Autonómica vén de imputar ao presunto autor dun incendio forestal no concello de Amoeiro, na provincia de Ourense.

O lume tivo lugar no lugar de Cornoces, no concello de Amoeiro o pasado 17 de abril e no incendio arderon 1.500 metros cadrados de monte raso. O lume foi causado por un escape de queima ao non adoptar as medidas de prevención establecidas pola lei. Para a súa extinción foi precisa a presenza de persoal de extinción de incendios da Xunta de Galicia.

Polos feitos, foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense. No que vai de ano, un total 27 persoas foron detidas ou imputadas pola Policía Autonómica coma presuntas autoras de incendios forestais.

29 de abril de 2014 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.