publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan a unha veciña de Riós coma presunta autora dun incendio forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRiósSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica en Ourense veñen de informar da imputación dunha muller, veciña do municipio ourensán de Riós, coma presunta autora dun incendio forestal nese municipio.

O lume tivo lugar o pasado 16 de marzo no lugar de Vendas da Barreira e arrasou 10.000 metros cadrados de monte arborado e 1.900 metros cadrados máis de monte raso. Foi producido por un escape de queima na que non se adoptaron as medidas preventivas establecidas por Lei e precisou da actuación do persoal de extinción de incendios da Xunta.

Por estes feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Verín. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2014, 20 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados cos incendios forestais.

9 de abril de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.