publicidade hoxe

Histórico resultado de Luis Fernández acadando o bronce no Campionato do Mundo de Slalom

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSalceda de Caselas
A-
A+
Luis Fernández

Luis Fernández

Luis Fernández logrou a medalla de bronce no Campionato do Mundo de slalom que se disputou en Australia na modalidade de patrullas, unha competición por equipos. O padexeiro de Salceda de Caselas ocupou a oitava posición na clasificación individual. Estes rexistros supoñen algo histórico para o piragüismo galego, xa que nunca antes se lograron tan bos resultados nun Mundial.

O deportista do Club Penedo de Salceda de Caselas demostrou que se atopaba nun bo momento de forma. Confirmouno tras a primeira xornada da competición. Gañou en confianza e presentouse na final, na que logrou o oitavo posto en C-1 da categoría xuvenil.

Na competición por equipos, Luis Fernández contribuíu de forma decisiva ao terceiro lugar do conxunto español, polo que levou a primeira medalla na modalidade de patrullas.

Luis Fernández permanece concentrado durante toda a tempada na Seu de Urgell seguindo con amplo programa de preparación. É o lugar ao que regresará o vindeiro mércores. O padexeiro de Salceda de Caselas tamén traballou durante algún tempo no Centro de Tecnificación de Pontevedra, onde a Federación Galega de Piragüismo tamén dispón de varias prazas para o perfeccionamento dos padexeiros máis destacados.

27 de abril de 2014 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.