publicidade hoxe

Fotografía, plastisábados e cupcakes entre as propostas da OMIX de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioXuventude
A-
A+

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: NARRACIÓN FOTOGRÁFICA

A concellaría de Xuventude a través da OMIX organiza un taller de fotografía narrativa para o sábado, 24 de maio, que se impartirá en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h na Casa dos guardeses, en Besada e que ten un coste de 50€/taller.

As persoas que o imparten, fotógrafos de profesión e vocación, pretenden que @s asistentes fagan do aprendido na fotografía algo serio, que non só fagan fotografías senón que poidan contar ou expresar algo a través das mesmas.

Trátase de que fagan multitude de imaxes e que con ellas escriban un texto, un texto fotográfico a través do que contarán unha/s historia/s; en definitiva, aprender a usar a fotografía como medio de expresión.

Se darán pautas para buscar imaxes que permitan contar o que interesa transmitir, lonxe de criterios académicos.Aprenderase a enlazalas na búsqueda dun bo texto, creando así o noso linguaxe e a nosa propia obra. 

PLASTISÁBADOS:HAMMA BEADS

A OMIX anima ás persoas amantes das manualidadesa  a que se inscriban, xa que ainda hai prazas vacantes, no taller de “hamma beads” que se impartirá, dentro do programa Plastisábados, o próximo sábado 26, de 10.00 a 13.30 h.Este taller ten un coste de 12€ / con materiais incluidos.

CURSO DE CUPCAKES

Agora que está tan de moda a repostería creativa, as concellarías de Xuventude e Benestar Social do Concello, propoñen un curso intensivo de elaboración de cupcakes, para os días 9 e 10 de maio(venres e sábado), cun coste de 17€/con materiais incluidos.Ainda se pode facer a reserva de praza.

23 de abril de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.