publicidade hoxe

Finalizan os traballos de reparación do muro do Cantiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Como consecuencia dos últimos temporais en Galicia, a Praia da Madalena de Cabanas sufrira diversos danos, véndose afectado sobre todo o paseo do Cantiño así como o espigón. Tamén consecuencia deste temporais produciuse un gran arrastre de lixo á mencionada praia. Logo da retirada de todos eses escombros levouse a cabo agora outra das obras proxectadas para resolver os problemas acontecidos por estes temporais.

Remataron desta forma as obras de reparación do muro do Cantiño, na Praia da Madalena de Cabanas, que foron executadas polo Ministerio de Medio Ambiente, a través da súa Demarcación de Costas, e logo da xestión levada a cabo polo Concello de Cabanas. O citado muro sufrira diversos danos que facían necesaria unha intervención que permitise a súa restitución e facilitase que os veciños da zona puideran novamente acceder sen problemas as súas vivendas. Agora rematáronse estas obras que servirán para mellorar a seguridade nesta zona da Praia da Madalena.

O Concello de Cabanas quere agradecer a rápida intervención por parte da Demarcación de Costas, que comezaron coa actuación tan pronto foi posible polas condicións climatolóxicas. Tamén quere agradecer a comprensión dos veciños que agora poderán volver a circular polo Paseo do Cantiño cos seus vehículos particulares.

30 de abril de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.