publicidade hoxe

Equiocio regresa ao recinto feiral de Punta Arnela do 17 ao 20 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O Salón de Recepcións da Casa Consistorial de Ferrol acolleu hoxe a presentación do XVII Salón do Cabalo Cidade de Ferrol – Equiocio 2014, que se desenvolverá do 17 ao 20 de abril no Recinto Feiral de Punta Arnela. O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu o acto, que contou coa participación do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso; e de representantes dos patrocinadores privados do evento: Gadisa, Parque Ferrol, Coca Cola e Novagalicia banco.

Na súa intervención, Rey Varela agradeceu a implicación da iniciativa privada nun evento de gran importancia para a promoción de Ferrol no exterior. “A suma de esforzos da iniciativa privada e da Administración pública contribúe a poñer de relevo á cidade no conxunto de Galicia e de España na que sen dúbida é a semana máis importante para a nosa cidade coa celebración de dous grandes eventos como a Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, e unha nova edición de Equiocio”, manifestou o rexedor municipal. Así mesmo, quixo destacar o apoio e implicación da Deputación Provincial da Coruña aos eventos que teñen lugar na cidade.

Neste sentido,  o alcalde apuntou que “a cultura e o deporte son fundamentais para a promoción turística  e a consolidación da marca Ferrol, por iso non é casual que decidiramos ao principio deste mandato unir nunha mesa área os departamentos de Cultura, Deportes e Turismo”. Por último, Rey Varela sinalou que eventos como Semana Santa e Equiocio “fan de Ferrol un referente; son xeradores de dinamismo, emprego e riqueza na comarca”.

7 de abril de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.