publicidade hoxe

Entréganse as chaves de 29 vivendas de promoción pública construídas en Garabolos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), entregou hoxe as chaves de 29 vivendas de promoción pública construídas no en Garabolos, nun acto no que participou a directora xeral do IGVS, Teresa Gutiérrez.

Tódalas vivendas cuxas chaves se entregaron hoxe foron adxudicadas en réxime de alugueiro, con prezos mensuais que oscilan entre 90 e 130 euros. O prezo depende da superficie da vivenda e dos ingresos ponderados da unidade familiar adxudicataria.

Outras 10 vivendas de promoción pública da mesma promoción foron adxudicadas en réxime de compravenda e serán entregadas aos seus adxudicatarios en canto se formalicen os préstamos hipotecarios.

No mesmo grupo de vivendas de promoción pública xa se entregaron as primeiras 120 vivendas no pasado mes de novembro. As que agora se entregan quedaron vacantes por renuncia dos seus adxudicatarios e tiveron que ser adxudicadas de novo.

En total, o IGVS construíu 172 vivendas de promoción pública en Garabolos, cun investimento de máis de 15 millóns de euros.

Estas vivendas dispoñen de entre un e catro dormitorios, ademais de cociña, salón, baños, lavadoiro-tendal, praza de garaxe e rocho.

Sete das vivendas de dous dormitorios están adaptadas para o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida.

Memoria construtiva

As vivendas de Garabolos conta coas seguintes calidades, equiparables ás de calquera promoción privada:

• Fachada de panel prefabricado de formigón.
• Carpintería exterior de aluminio anodizado con persianas de aluminio nos dormitorios
• Carpintería interior de taboleiro aglomerado, acabado chapado en madeira de carballo.
• Pavimento de parqué de madeira de carballo en salón e dormitorios.
• Pavimento de gres porcelánico en distribuidores, baños, cociña e lavadoiro.
• Armarios empotrados con portas de taboleiro aglomerado, acabado chapado en madeira de carballo.
• Cociña equipada con mobles baixos e encimeira con vitrocerámica e fregadeiro.
• Dúas caldeiras colectivas de gas natural para produción de auga quente sanitaria e calefacción, con equipo de microcoxeneración.
• Doce ascensores (dous por portal)
• Zonas comúns con pavimento de baldosa de formigón, paramentos de taboleiro Viroc sen acabado superficial, e falsos teitos de escaiola.

22 de abril de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.