publicidade hoxe

Entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Capacita Moaña II”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaPontevedra
A-
A+
Bravo Bosh na entrega de diplomas

Bravo Bosh na entrega de diplomas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Capacita Moaña II” dirixido a persoas desempregadas. A actividade mixta de formación e emprego centrouse en dúas especialidades: colocación de pedra natural e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Nesta acción, que a Consellería de Traballo e Benestar financiou con preto de 200.000 euros, participaron un total de 22 alumnos e alumnas.

Esta iniciativa permitiu aos seus participantes non só unha formación teórica e práctica de calidade, senón tamén acceder a un posto de traballo, e realizar diversas actuacións no propio concello como son o mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes e a recuperación da ruta dos muíños do entorno do río do Inferno.

Este obradoiro de emprego dá continuidade ao primeiro ‘Capacita Moaña’ que se centrou nas especialidades da construción, xardinería e axuda a domicilio.

28 de abril de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.