publicidade hoxe

Curso de iniciación ao tiro con arco en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Culleredo acollerá a partir do próximo luns, 5 de maio, un curso de iniciación ao tiro con arco. Estará impartido polo Club de Tiro con Arco A Garrocha, situado na contorna de Tarrío, á saída da Terceira Rolda, coa colaboración do Concello de Culleredo.

A acción formativa estará impartida por profesorado con titulación e unha ampla experiencia en ensino, competición e técnica de tiro con arco.

Os interesados poden contactar co club nos seguintes medios:

· Teléfono 606319064 (Mónica)

· Teléfono 629064419 (Fran)

· Correo electrónico: arcolagarrocha@yahoo.es

29 de abril de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.