publicidade hoxe

Culleredo xestionará tres prazas para familias con necesidade no fogar infantil Emilio Romay

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Os veciños de Culleredo disporán dun servizo destinado ás familias con necesidade de conciliación, especialmente as que dispoñen de menos recursos. Trátase de tres prazas no fogar infantil Emilio Romay, da Coruña, en virtude do convenio que asina o Concello coa Deputación da Coruña.

O obxectivo é ofrecer unha alternativa, durante o día, para a atención de menores de 0 a 12 anos de familias que acrediten a necesidade de conciliación. Por iso, será o departamento de Servizos Sociais de Culleredo o que, en base ao traballo e seguimento que realizan aos usuarios, xestionen a concesión destas prazas.

Os beneficiarios en calquera caso terán que buscar un recurso normalizado para a atención dos menores, polo que esta concesión será sempre temporal. No momento que algunha quede libre, de novo Servizos Sociais proporá a súa concesión a outra familia cullerdense con necesidade.

A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, apunta que este servizo reforzará a integración social dos menores, á vez que proporcionará autonomía ás familias. “Os usuarios que acceden a estas prazas son porque non teñen outro medio normalizado así que para eles será un servizo crucial”, afirma.

A edila destaca así mesmo a inclusión como posibles usuarios aos bebés, unha franxa con maior dificultade para proporcionar atención ás familias.

O convenio entre Concello e Deputación asinarase de inmediato. O goberno local valora a iniciativa provincial, á que non dubidou nin un instante en concorrer dadas as vantaxes que supón contar con este tres prazas para Culleredo.

Culleredo xestionará tres prazas no fogar infantil Emilio Romay para familias con necesidade do municipio

14 de abril de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.