publicidade hoxe

Culleredo ensinará aos veciños da zona rural pautas para reducir a factura da luz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo, consciente do esforzo económico que supón para os veciños facer fronte á factura de electricidade, propúxose apoiar aos cidadáns cunha iniciativa para que traten de reducir este importante gasto doméstico. Despois da iniciativa formativa realizada hai dous meses en Vilaboa, que xuntou a decenas de veciños interesados, o Concello leva o taller á zona rural.

O goberno municipal, a través da Concellaría de Sanidade, organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller baixo o título de “Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila”.

A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade a prevención da denominada exclusión enerxética na que se poidan atopar familias cullerdenses.

Ademais, ofrecerase orientación aos asistentes para reducir os seus gastos enerxéticos na vivenda, constituíndo unha medida máis de aforro doméstico.

A iniciativa terá lugar o día xoves 24 de abril na Reitoral de Celas, ás 18:00 horas, e será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. Ten un carácter aberto e gratuíto.

22 de abril de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.