publicidade hoxe

Cotobade reabre as bibliotecas municipais de Carballedo e Tenorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

Tras un proceso de selección no que se presentaron mais de 50 persoas, o Concello de Cotobade  volve a abrir as bibliotecas, que se topaban pechadas por reducción de xornada da titular.

Da os seus servizos aos cidadáns nas dúas localidades de Carballedo e Tenorio co seguinte horario:

HORARIO BIBLIOTECA

TENORIO

LUNS de 18:30 a 20:30

MARTES de 16:00 a 20:00

XOVES de 18:30 a 20:30

SÁBADO de 12:00 a 14:00

CARBALLEDO

LUNS de 16:00 a 18:00

XOVES de 16:00 a 18:00

VENRES de 16:00 a 20:00

SÁBADO de 9:30 a 11:45

Servizos da Biblioteca:

As bibliotecas son espazos para todos, cheos de relatos por descubrir, de xente por coñecer, de posibilidades por explorar.

Ofrecerase:

-Servizo de orientación e información bibliográfica

-Consulta en sala de libros, revistas, xornáis…

-Catálogo colectivo informatizado

-Acceso a Internet

-Reprografía e impresión de documentos

-Préstamo a domicilio

-Actividades de promoción a lectura: obradoiros, contacontos, xogos…

-Formación de usuarios

-Novidades

Estamos abertos a escoltar as tuas necesidades e demandas, a mellorar coas tuas novas ideas e suxestións.

 

 

23 de abril de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.