publicidade hoxe

Cores Tourís coñeceu o proxecto de ‘Yatecomeré’ de produtos precociñados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraRibadumia
A-
A+
Cores Tourís na visita a 'Yatecomeré'

Cores Tourís na visita a ‘Yatecomeré’

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, a empresa Yatecomeré para coñecer o proxecto de produtos precociñados que está a desenvolver e co que se está a abrir mercado en países europeos.

Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como polo director xeral da firma, Arturo Navas, o seu socio, David Fernández e o director comercial, Miguel Ángel Vázquez.

O negocio que puido hoxe coñecer o delegado territorial naceu grazas a colaboración do AGADER cunha aposta económica inicial de 657.000 euros e baséase na aplicación de procesos tecnolóxicos, en especial de conservación e distribución, para preparacións gastronómicas de alta calidade. Deste xeito, elaboran produtos gastronómicos e os envasan ao vacío, en atmosfera modificada e ultra-conxelados. “Na actualidade estamos a traballar para desenvolver melloras como poderían ser a presurización en frío ou a radicación”, explicou Arturo Navas.

Elaboran así produtos de IV e V Gama destinados ao mercado Horeca, o que se denomina, Food Service, “pero sempre dende parámetros culinarios, baseados nos procesos dos grandes restaurantes, o que permite a consecución dunha elevada calidade nos nosos produtos que se elaboran sen aditivos”, matizou o director xeral da firma.

Os principais produtos da firma son croquetas, pasteis e patacas pre-fritas para tortillas. En total, a plantilla confórmana 16 persoas entre administración, produción, ventas e dirección. O seu principal mercado exterior é o Reino Unido, no que contan con dous distribuidores en Londres e Bristol. “O noso obxectivo a moi corto prazo é comezar a pechar contratos en Portugal, Sur de Italia, Holanda, Bélxica, Suecia e Austria”, explicou Arturo Navas. “Tamén en Alemaña”, engadiu, “a través dunha compañía galega que conta xa cun gran mercado”.

En canto aos seus produtos, destacar a gran calidade das croquetas que prepara, “que están catalogadas como unhas das mellores do noso país tanto polo seu sabor, como pola textura e a facilidade da súa fritura”, engadiu Navas. “Os nosos pasteis, tipo pudding, realízanse con produtos galegos como son a centola, o mexillón ou o cocido”, matizou o director xeral da firma quen rematou destacando que as patacas que prepara Yatecomeré “son un invento noso que permiten facer unha tortilla da máxima calidade en catro minutos e sen que ninguén dubide que sexa caseira”.

15 de abril de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.