publicidade hoxe

Corenta veciños de Frades viaxan a Salamanca para ampliar coñecementos sobre sanidade animal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Un total de corenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Salamanca para ampliar os seus coñecementos en materia de sanidade animal e no relativo á transformación de materias primas do sector primario en produtos para o mercado. Unha iniciativa organizada polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación da Coruña.

Durante dous días, estes veciños e veciñas (na súa maior parte titulares ou traballadores de explotacións agrogandeiras no municipio) visitaron un centro veterinario e un secadoiro de embutidos, onde puideron ampliar os seus coñecementos sobre ambos temas e se achegaron a un sector con experiencias diferentes ás da comarca ordense.

9 de abril de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.