publicidade hoxe

Comeza o programa ‘Pasos en ecolóxico’ en Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellaría de Turismo dirixida por Loli Castiñeira, comeza unha nova etapa de turismo patrimonial enfocada dende o punto de vista enóloxico. A nova iniciativa turística nace a través da fusión entre a Bodega a Corisca e o Concello de Salceda de Caselas que crean un novo programa enfocado ao percorrido pola nosa historia para rematar no Pazo da Corisca coa cata de viño ecolóxico xunto co acompañamento de pinchos ecolóxicos.

O primeiro encontro terá lugar o próximo 5 de abril ás 10 da mañá no Pazo da Corisca dende onde partirá un roteiro histórico que percorrerá diversos puntos situados na parroquia de Entenza, Terra da Turonia, e que teñen unha vinculación histórica moi relevante. Entre os puntos a visitar queremos destacar o Castelo de Entenza, a Igrexa, As sobreiras e Capela da Ascensión, zonas cargadas de historia e de anécdotas a coñecer. A historiadora Purificación Pérez González será a encargada de por en coñecemento, paso a paso, a historia que circunda nestas terras da Turonia.

Loli Castiñeira, móstrase moi satisfeita coa iniciativa, que vai a continuar ata o mes de Xullo con roteiros que percorrerán puntos clave do noso pasado, ambientados nunha temática e situación histórica diferente, e “que mellor aliado que a Bodega A Corisca para levalo a cabo, que recentemente, gañou o premio de Plata no “Certame Milleseme Bio” en Montpellier”. “Dende o Concello queremos convidar a todas as persoas a participar en Pasos en Ecolóxico. Para elo poderán apuntarse en previamente no correo electrónico enotur@bodegascorisca.com e ten un custe de 8 €, para os menores de 13 anos, a actividade será gratuíta.”

1 de abril de 2014 | 09:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.