publicidade hoxe

Clausúrase o obradoiro de Emprego Vedra – Boqueixón que formou a 20 alumnos en carpintería e albanelería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónVedra
A-
A+
Entrega de diplomas aos participantes

Entrega de diplomas aos participantes

Desempregados de Vedra e Boqueixón participaron dende o 21 de outubro de 2013 nun obradoiro de emprego organizado polos dous municipios. O programa tivo unha duración de 6 meses  e permiteu que 20 alumnos/as – traballadores/as (10 por cada un dos concellos), poideran incorporarse ao mercado laboral.

Esta é a terceira vez no que a colaboración entre os concellos de Vedra e Boqueixón fai posible a organización dun obradoiro de emprego.

O programa configúrase como un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupacionalidade das persoas desempregadas de dezaoito e máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida relacionada directamente co citado traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

As especialidades formativas que se impartiron para a obtención do certificado de profesionalidade foron: Traballos de carpintería e moble e Fábricas de albanelería.

Os alcaldes destacaron o traballo realizado polos alumnos –traballadores que adquiriron as competencias necesarias, cumpríndose os obxectivos ao rematar as obras prevista que consistiron no acondicionamento de instalacións socioculturais municipais – Fase I e no concello de Vedra a rehabilitación de edificación na estación de ferrocarril de Santa Cruz de Rivadulla.

16 de abril de 2014 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.