Cerdido acolle a XXII Feira do Cabalo
O Concello de Cerdido acolle o 6 de abril a Feira da Barqueira, a XXII Feira do Cabalo.
Contará con trofeos aos mellores animais da feira:
– mellor poldro (menor de 3 anos)
– mellor poldro deste ano
– mellor semental
– mellor egua con cria
– mellor cabalo ou egua de silla
– mellor percheron ou raza similar
E tamén trofeos para os mellores na competición nas seguintes categorías:
– andadura serrada
– andadura de trotóns
– andadura chapeada
– trote do cabalo do pais
– trote de trotóns
As decisións do xurado son inapelables. Os cabalos teñen que estar debidamente legalizados. As competicións celebraranse pola tarde.