publicidade hoxe

As reservas de biosfera españolas aproban o regulamento da marca de calidade nas Mariñas Coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBergondo
A-
A+

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo exerceu hoxe de anfitrioa das 45 reservas de biosfera españolas. O Pazo de Mariñán acolleu a reunión do denominado Consello de Xestores, con representantes tamén de Parques Nacionais e do Comité Científico das reservas españolas.

Co apoio da Deputación da Coruña, o encontro, que se adoita celebrar unha vez ao ano, serviu ás 45 reservas para planificar as súas próximas accións conxuntas. Cabe destacar a aprobación hoxe nas Mariñas Coruñesas do regulamento da marca de calidade das reservas españolas, unha forma de fomentar o desenvolvemento económico nos territorios.

Esta marca será complementaria ás marcas de cada unha das reservas. O que fará é engadir un selo de calidade, apunta Jorge Branco, xerente das Mariñas Coruñesas.

O traballo en rede é outro dos obxectivos fixados polas 45 reservas. A meta é aproveitar os puntos en común para mellorar, intercambiando experiencias e coñecementos. Ademais, as reservas planean accións de sensibilización conxuntas e actividades formativas.

Mañá, tamén no pazo de Mariñán, terá lugar unha xornada sobre o financiamento da reserva de biosfera. Aos representantes das reservas uniranse expertos de diferentes ámbitos para estudar cal é o panorama actual e as posibilidades de inxección de fondos.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o presidente das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, inaugurarán a xornada ás 10.00 horas.

10 de abril de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.