publicidade hoxe

As Neves lembrará o pasado coa mostra de fotografía “Oficios e traballos nas imaxes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Neves
A-
A+

 O Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe das Neves acolle ata o vindeiro domingo 20 de abril a exposición Oficios e traballos nas imaxes do pasado, que forma parte do programa de colaboración en materia cultural do Museo cos concellos da provincia.

A través das fotografías que a compoñen o espectador viaxará anos atrás para lembrar ou coñecer máis de preto o modo no que se realizaban as tarefas do campo e do mar, algunhas hoxe desaparecidas, outras aínda vixentes, pero con distintas connotacións e con medios máis modernos: sementar o millo para logo esfollalo, recollida de patacas, traballos de escarda, tratos de compravenda nas feiras e mercados, faenas pesqueiras e conserveiras, oficios artesáns, a maioría traballos de ambulantes.

A exposición é posible grazas ós testemuños deixados polas cámaras de fotógrafos anónimos e doutros máis profesionais, como Zagala, Pintos, Ferrer, Sarabia, Fernández dos Ríos ou Moreira, que inmortalizaron diversos aspectos etnográficos da Galicia de finais do século XIX e das primeiras décadas do XX.

11 de abril de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.