publicidade hoxe

Artesáns, artistas e profesionais da segunda man na “Feira da Reciclaxe” de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA) organizan a “Feira da Reciclaxe” que se celebrará o día 24 de maio no Burgo, no Espazo Multiusos do Paseo Marítimo.

As casetas que formarán a exposición e venda da feira céntranse en profesionais da segunda man, artesáns e artistas que traballen coas súas mans e todo aquela persoa que traballe con materiais reciclados.

Búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. Unha parte do mercado formarana particulares do concello de Culleredo que venderán bens que xa non utilicen (levar o trasteiro ao mercado).

Tamén se contará con actividades para os cativos ao longo de toda a xornada.

24 de abril de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.