publicidade hoxe

Antonio Orozco e Os Resentidos pechan os concertos da Ascensión en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Tras Andrés Calamaro e Os Suaves, o venres 30 estarán Os Resentidos (concerto suspendido no Apóstolo do ano pasado) e Antonio Orozco o sábado 31. Ademáis, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou para o 25 de xullo, na Praza da Quintana o concerto de Los Planetas, unha única ocasión de poder velos en Galicia, e a día de hoxe tamén única data pechada en España. Prevese que as festas do Apóstolo comecen o venres 18 de xullo e rematen o xoves 31. Catorce días nos que teremos catorce concertos (case todos pechados xa) dos que, salvo sorpresa, só tres serán de pago (a prezos moi populares) e once gratuitos. Contando a Ascensión, catro de pago de un total de dezaoito.

Los Planetas

A principios dos 90 Jota e Florent deciden formar o grupo LOS SUBTERRÁNEOS como voz e guitarra uníndose May Oliver ao Baixo e máis tarde, Paco Rodríguez na batería. Graban varias maquetas, destacando a producida en abril de 1992 que inclúe os temas Mi hermana pequeña, El centro del cerebro, La caja del diable e Espiral, registradas con un novo batería, Carlos Salmerón.

Xa que Christina Rosenvinge se fai acompañar dun grupo co mesmo nome deciden cambiar a LOS PLANETAS co que participan en varios concursos e convértense en habituais en programas de radio de música independente como Discogrande e Diario Pop Elefant Records publica o seu primeiro vinilo ao que seguen outros e máis tarde, en 1994 son fichados pola gran discográfica BMG a través do seu subselo RCA que edita Super 8 producido pro Fino Oyonarte, daquela membro do grupo Los Enemigos. Este disco recolle algunas das cancións grabadas nas primeiras maquetas.

En 1996 para a grabación do segundo disco (Pop) acuden ao productor Kurt Ralske, líder da banda neoiorquina Ultra Vivid Scene. Paco Rodríguez deixa o grupo sendo substituído por Raúl Santos. Séguelle Una semana en el motor de un atutobús (1998) grabado en Nova Iorque de novo coa producción de Kurt Ralske, elegido pola revista Rockdelux como mellor disco do ano, segundo mellor disco da década dos 90 e 18 mellor disco nacional do século XX.

Na formación do grupo danse de baixa May Oliver e Raúl Santos, sendo substituídos polo escocés Kieran Stephen e o granadino Eric Jiménez. Tamén colaboran no disco Jesús Izquierdo e Banin Fraile, este último acabará formando parte da formación estable do grupo.

Seguen Canciones para una orquesta química (1999) Unidad de desplazamiento (2000), Encuentros con entidades (2002), Los Planetas contra la ley de la gravedad (2004) que será de nvoo coproducido por Los Planetas e Carlos Hernández que será a súa última colaboración co grupo despois de 6 anos de traballo. Conta cancións como El golpe de gracia, Nunca me entero de nada e os singles Y además es imposible (a dúo con Irantzu Valencia, voz femenidna de boa parte da trayectoria de La Buena Vida, número 1 na lista de ventas de sencillos española e No ardieras.

La leyenda del espacio (2007) primeiro álbum non recopilatorio de Los Planetas publicado en ano impar parafrasea o título dol seminal La leyenda del tiempo editado en 1979 por Camarón de la Isla. Varias cancións do disco adaptan flamenco a estruturas do rock, entre elas inclúense temas como El canto del Bute, Si estaba loco por ti, Reunión en la cumbre, Ya no me asomo a la reja, Tendrá que haber un camino (cantada por Enrique Morente) ou o single Alegrías do incendio.

O 3 de abril de 2008 recibiu o recoñecemento de mellor disco nacional de rock alternativo de 2007 nos Premios da Música organizados pola Academia das Artes e das Ciencias de Música.

Venda de entradas

As primeiras 500 entradas serán a 15 euros, despois o prezo da entrada anticipada será de 20€ e na billeteira o mesmo día do concerto, 25€.

Venta online:

Red ticketmaster: fnac, novagalicia banco, Carrefour, Halcón Viajes.
En www.ticketea.com

Puntos de venta física:

Santiago de Compostela: A Reixa Tenda, Teatro Principal, Centro Comercial As Cancelas
A Coruña: Discos Portobello, Tendas Fnac
Vigo: La Casa de Arriba
Ourense: Cafe & Pop Torgal

Ademáis o edil recordou que seguen á venda as entradas de Andrés Calamaro para as festas da Ascensión (día 28 de maio) e as entradas para os concertos do Apóstolo. Crystal Fighters estarán na cidade compostelá o 26 de xullo e o 28 de xullo, Belle and Sebastian. Ambos na Praza da Quintana. Ver puntos de venda en documento adxunto.

23 de abril de 2014 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.