publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Achan os cadáveres dun matrimonio septuaxenario en Foz con disparos de arma de fogo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

O matrimonio achado morto na súa vivenda no municipio de Foz (Lugo) na noite do xoves presenta senllos impactos de arma de fogo, polo que os investigadores apuntan a un posible homicidio por violencia de xénero da muller e posterior suicidio do marido.

Fontes da investigación explicaron, que foi un fillo dos falecidos os que avisou á Garda Civil, que achou os corpos sobre as 22,30 horas do xoves na vivenda familiar en Foz.

O corpo da muller, M.E.R.Q., de 72 anos de idade, atopábase no interior do domicilio cun disparo e o do marido, M.G.R., de 69 anos, estaba nun anexo, tamén cun impacto de arma de fogo.

Ao lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Policía Xudicial e de Seguridade Cidadá do Instituto Armado, así como o xuíz de garda e un forense.

SEN DENUNCIAS PREVIAS

As mesmas fontes sinalaron que “todo apunta” a un “homicidio por violencia de xénero” e, posterior, “suicidio do autor” da morte da muller.

Na Garda Civil non constan antecedentes de denuncias previas nin medidas cautelares en relación a esta parella, segundo concretaron as mesmas fontes.

25 de abril de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.