publicidade hoxe

Abegondo celebra a XXIII Festa da Terceira Idade con motivo do patrón San Marcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo celebra mañá, 25 de abril, con motivo do patrón da localidade (San Marcos) a tradicional Festa da Terceira Idade, que este ano alcanza o seu vixésimo segunda edición. Ao redor de medio milleiro maiores do municipio acudirán á cita que estará presidida polo alcalde, José Antonio Santiso, e os concelleiros da corporación.

A festa terá lugar no pavillón polideportivo de Abegondo. Os participantes irán chegando ao recinto desde as 13.00 horas. Ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne.

Á súa conclusión, sobre as 14.15 horas, comezará a comida. Despois, ás 16.30 horas comezará a actuación da banda municipal e da escola de música. Media hora máis tarde desenvolverase o baile.

Calcúlase que os actos concluirán sobre as 19.30 horas.

24 de abril de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.