publicidade hoxe

‘A Titiricleta’ festexará en Chantada o Día do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

O pasado día 23 de abril foi o Día do Libro, na biblioteca municipal de Chantada pero será celebrado mañá sábado ás 12 horas cunha sesión especial de contacontos a cargo de Anxo Moure. 

A actividade ten por título a Titiricleta, consiste nun triciclo alemán cargado cun teatro de títeres que viaxa polas bibliotecas pilotado por un titiricleteiro e un feixe de monicreques feitos por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, India, Guatemala…, para levar de viaxe ás nenas e nenos a través dos contos ao mundo da solidariedade coñecendo outras culturas nunha aposta pola tolerancia, a paz e a xustiza social.

25 de abril de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.