publicidade hoxe

A oficina de turismo de Celanova permanecerá aberta durante a Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

Entrando xa na recta final do funcionamento do Obradoiro de Emprego sobre xestión turística e cultural “Camiño de San Rosendo”, promovido polos Concellos de Celanova, Bande e Verea e que durante os últimos seis meses tan vido formando a un colectivo humano de 20 persoas en catro módulos sobre xestión de producto cultural, xestión de páxinas web e redes sociais, xestión de producto turístico e atención ó visitante, estes alumnos realizarán prácticas de atención de visitas turísticas e recepción de visitantes durante esta Semana Santa na oficina de turismo do Concello de Celanova e no Centro de recepción de visitantes do campamento romano de Aquis Querquennis de Bande, así como colaborando nas visitas que se realicen dende a Fundación Curros Enríquez.

Dende mañá sábado e ata o próximo día 20, os alumnos e alumnas destes catro módulos coordinados polos docentes que dirixiron o proceso formativo en cada un deles dende o mes de novembro do ano pasado, teñen sido distribuído en grupos para atender, en horario de mañá e tarde, a demanda que poida suscitarse nestes dous puntos turísticos durante toda a Semana Santa.

No caso concreto das visitas guiadas ó Mosteiro de San Rosendo de Celanova, estas manterán o costume habitual de apertura da oficina de turismo en horario normal, ofrecendo visitas guiadas, tanto pola mañá como pola tarde, ás horas en punto, incluíndo ademais a posibilidade de visitar a torre das campás e a exposición permanente “Rudesindus” de José Antonio Ocaña Martínez, que dende o pasado mes de marzo está colgada das paredes da devandita torre.

Dadas as singulares características das escaleiras de acceso ó campanario do mosteiro, as visitas a esta parte do edificio estarán limitadas a grupos de 10 persoas como máximo e realizaranse ás 12,00 horas e ás 18,00 horas, previa inscripción e partindo da propia oficina de turismo.

Os alumnos realizarán, polo tanto, estas prácticas formativas antes de rematar o funcionamento do Obradoiro, que terá lugar o próximo día 29 de abril.

11 de abril de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.