publicidade hoxe

A ocupación hoteleira en Poio chegou ao 60% nos días fortes de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación nos establecementos de aloxamento durante a Semana Santa.

No que respecta á ocupación da Semana Santa nos establecementos hoteleiros do municipio de Poio superáronse as expectativas que situaban a ocupación arredor do 48% xa que finalmente a ocupación chegou ata o 60 % nos días máis fortes da Semana Santa.

A ocupación rexistrada esta Semana Santa foi positiva para os establecementos do municipio ó superar en 27 puntos ós datos acadados na mesma tempada do pasado ano e 7,5 puntos máis que na Semana Santa do ano 2012.

A meteoroloxía e o Campeonato de Vela celebrado durante estos días na localidade de Combarro axudaron a acadar uns datos positivos para o sector turístico. Respecto ós visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais acadouse a cifra de 553 persoas, cifra bastante superior a rexistrada nas mesmas datas do pasado ano na que a mala climatoloxía notouse na afluencia de turistas ás oficinas de turismo municipais. En canto a procedencia dos visitantes un 98% corresponden a visitantes nacionais e un 2% a visitantes internacionais.

De entre os primeiros destacan os procedentes de Madrid (28,49%), Castela e León (17,53%), País Vasco (15,93%) e do resto da Comunidade Autónoma Galega (15,89%). En relación ós visitantes internacionais destacaron os turistas procedentes de Francia e Inglaterra.

A información recopilada nas nosas oficinas de turismo revela que a maior parte dos nosos visitantes chegan en coche, salvo os numerosos grupos que o fan en autobus e os principais motivos de visita ó noso municipio son o Conxunto histórico de Combarro, O Mosteiro de San Xoán de Poio e a gastronomía da zona.

En canto a información solicitada polos nosos visitantes buscan preferentemente información dos atractivos do Concello de Poio (Combarro, Mosteiro de Poio, Petroglifos Da Caeira, Casa de Colón), así como información xeral das Rías Baixas, de Pontevedra, Islas Cíes, Cambados, Cangas, O Grove, Vigo , etc.

22 de abril de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.