publicidade hoxe

A mostra de pintura “Atlántico”, de Manuel Chapela, chega á sede de Turismo Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A sede de Turismo Rías Baixas acollerá desde o vindeiro venres 25 de abril ata o 9 de maio a exposición de Manuel Chapela, Atlántico. Componse de óleos influenciados polo Atlántico e que supoñen a volta á pintura deste artista tras 40 anos de espera.

Son pinturas inspiradas na súa vida de mariñeiro, na que o mar se converte no fío condutor da meirande parte das obras, aínda que a diversidade temática se plasma ó longo dos máis de 30 cadros que se inclúen na exposición.

O artista, de formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria xa de neno, aínda que non será ata os anos 70 cando comece a pintar cadros de forma máis seria e a facer as súas propias exposicións, así como a participar noutras nas que aprendería diversas técnicas con óleo ou acuarela que lle fan evolucionar na súa pintura.

Por motivos laborais deixou a súa faceta artística quedando relegada a un segundo plano, pero as súas inquedanzas volveron a deslumbrar fai un ano cando, na tranquilidade da xubilación, decidiu realizar esta colección duns 30 cadros no que a inspiración son as súas vivencias ó carón do océano.

A exposición poderase visitar de luns a venres, en horario de 9:00 a 20:00 h; os sábados, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h; e os domingos 10:00 a 14:00 h.

15 de abril de 2014 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.