publicidade hoxe

A Garda Civil detivo a tres veciños de Meis por tentar roubar nun domicilio dese municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMeisSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a JC.F.F., de 30 anos de idade, a F.F.G., de 29  e a JM.G.M., de 27, os tres veciños de Meis, como supostos autores dun delito de roubo, en grao de tentativa, en domicilio do citado municipio.

Os feitos sucederon na noite do pasado día primeiro do actual mes de abril, cando, os agora detidos, tentaron entrar en devandito domicilio ao que desistiron dándose á fuga ao ser descubertos polo propietario do mesmo.

Unha vez posto en coñecemento este feito ante a Garda Civil do Posto Principal de Cambados, iniciáronse as correspondentes xestións para a localización e detención dos supostos autores, as cales  deron resultado positivo no día de onte en que se procedeu á súa detención.

Os detidos foron conducidos ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil onde se instruíron as oportunas dilixencias que foron entregadas no Xulgado de Instrución número CATRO dos de Cambados, onde terán que presentarse os detidos, que coa anuencia de devandita autoridade xudicial quedaron en liberdade, cando para iso sexan requiridos.

8 de abril de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.