publicidade hoxe

A fotografía regresa á Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Logo de rematar coa poxa solidaria de cadros da Escola Municipal de Arte un novo artista inaugura exposición na Casa da Cultura. Nesta ocasión a Sala Antón Mouzo acollerá unha mostra de fotografía do fotógrafo muxián Xesús Búa, que leva por título Miña terra. Trátase da terceira exposición de fotografía que podemos ver na Casa da Cultura, logo de que expuxeran os vimianceses Xoán Carballo e Antonio Nodar.

A inauguración da exposición Miña Terra inaugurarase o venres día 11 de abril, ás 20 horas. E poderá visitarse no horario habitual de apertura da Casa da Cultura ata o vindeiro 31 de maio.

9 de abril de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.