publicidade hoxe

A Deputación de Lugo inviste 36.000 euros na mellora de dotacións veciñais en Taboada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoTaboada
A-
A+

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisou o resultado das actuacións levadas a cabo neste Concello grazas á financiación da Deputación de Lugo. En total foron tres as obras solicitadas polos veciños ou asociacións veciñais, e consistiron fundamentalmente no acondicionamento e mellora de espazos e dotacións de uso común.

As actuacións supervisadas por Pilar García Porto foron financiadas ó 100% pola institución provincial e contaron cun orzamento de 36.000 euros, dos cales 12.000 se destinaron co fin de rehabilitar un pallar para local social, solicitado pola asociación cultural e veciñal Santiago de Cicillón, no Concello de Taboada. Dita asociación, formada por unhas 60 persoas, non contaba cun local de reunión para as súas actividades.

Neste mesmo Concello, a Deputada tamén supervisou o acondicionamento de dous camiños: un deles en Pacios, obra financiada na súa totalidade polo organismo lugués con 12.000 euros, e outro que serve de acceso ó castro de Castelo e ó local social da Asociación recreativa As Fachas, solicitante desta obra, que tamén contou cun financiamento doutros 12.000 euros.

12 de abril de 2014 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.