publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia con 95.000 euros a compra de dúas parcelas para un centro sociocultural no Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaO Pino
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar na sede da institución provincial un convenio de colaboración co alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, para financiar a adquisición de dúas parcelas para a construción dun centro sociocultural no municipio.

A achega provincial que recolle o convenio é de 95.718,99 euros, o que supón o 80% do orzamento total necesario para a compra dos terreos, que ascende a 119.648,74 euros.

As parcelas, que son lindeiras e atópanse no lugar de Vilarrel teñen unha superficie de 686 e 618,50 metros cadrados, están totalmente urbanizadas e contan con todos os servizos, incluídas as beirarrúas.

Tras a sinatura do acordo, o alcalde do Pino confirmou que a adquisición das parcelas é o primeiro paso para a construción do centro social que dará servizo aos veciños da parroquia de Castrofeito. “Ata agora estase a utilizar un local privado, e a nosa intención é que todos os veciños conten cun punto de encontro municipal no que poñer en marcha as súas actividades”, asegurou Taboada.

7 de abril de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.