publicidade hoxe

A Deputación da Coruña colabora con 300.000 euros na construción das bancadas e da cuberta dun pavillón na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Laracha
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar na sede da institución provincial un convenio de colaboración co alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, para financiar as obras que permitirán cubrir e cerrar as bancadas do polideportivo do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha.

A achega da institución provincial é de 300.000 euros, o que supón o 49% dun investimento total de 605.775,77 euros. O proxecto pretende dotar o centro dunha pista polideportiva cuberta coas dimensións establecidas pola normativa vixente e que permita a realización de actividades deportivas cubertas. Ademais construirase un patio de xogos e recreo cuberto moi necesario para o centro dada a climatoloxía da zona.

Tamén se completará a instalación cerrándoa na súa totalidade e dotándoa de todos os espazos auxiliares necesarios para funcionar como Sala Deportiva independente e proxectaranse bancadas ligadas á pista polideportiva con capacidade para 150 espectadores.

21 de abril de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.