publicidade hoxe

A Biblioteca de Catoira conmemora o Día do Libro cun certame infantil de relatos e un contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, a Biblioteca Pública Municipal de Catoira convocou un concurso infantil de relatos e programou unha actuación de contacontos teatral.

O concurso de relatos está dirixido a nenos/as de 7 a 10 anos empadroados en Catoira. Os textos deberán incluír a frase “Cando remate de limpar a cociña”. Establécense tres premios dotados con un lote de libros e un vale en material de papelería de 40, 30 ou 20 euros. O prazo para entregar os relatos remata o 23 de abril. As bases do concurso poden consultarse en www.catoira.es

O sábado 26, ás 19:30 horas, farase público o fallo do concurso, antes do inicio da actuación da compañía Trinke-Trinke, que representará na Biblioteca o espectáculo de contacontos teatral “Aventuras na cociña”, que trata de promover hábitos saudables na alimentación e fomentar o uso da biblioteca a través dos contos. Esta actividade organízase ó abeiro do programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura.

21 de abril de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.