publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A adega Marqués de Vizhoja e Paula Vázquez presentan os novos licores da marca en Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+
Paula Vázquez na presentación dos novos licores

Paula Vázquez na presentación dos novos licores

Adegas Marqués de Vizhoja escolleu o marco de  Alimentaria 2014 para presentar a súa nova gama de licores, D´Vizhoja; crema de licor, licor café, augardente de bagazo, licor de herbas, brandy, anís seco, ron dominicano añejo e whisky escocés presentados en botella de 70 cl.

A actriz e presentadora Paula Vázquez, imaxe da Adega Marqués de Vizhoja desde 2005, foi a encargada de amadriñar ante prensa e bloggers os novos espirituosos, así como de  dar a coñecer todos os proxectos e novidades nos que  a adega galega  está a traballar.

“É unha honra para min, exercer de embaixadora, en Cataluña, a miña terra de adopción, dun proxecto empresarial nacido en Galicia pero con recoñecemento internacional, e no que me consta, se traballa día a día coa paixón e esixencia  dos que aman incondicionalmente o seu traballo, a súa terra, e as súas vides. Así é como funciona Adegas Marqués de Vizhoja, e como os seus responsables, Jorge e Javier Peláez trasladan a cada un dos seus produtos a súa devoción por innovar, satisfacer as necesidades do mercado  e conquistar novos  éxitos e padais”, declarou Paula Vázquez.

No acto, realizouse degustación dos licores D´Vizhoja, coctelería coas Pingas do Marqués a cargo do bicampión  barista galego Óscar de Toro  e  cata da nova anada 2013 do tres viños da Adega; Marqués de Vizhoja, Torre la Moreira e Señor da Folla Verde.

Diversificación  e profesionalización

D´Vizhoja, xunto con Pingas do Marqués, as monodosis de licor gañadoras da pasada edición de Innoval 2012 e de dous premios Sial D´Or, conforman a oferta licorera das Adegas Marqués de Vizhoja. A nova gama de espirituosos comercializarase tanto no mercado nacional  como internacional na canle horeca e alimentación.

“D´Vizhoja nace como unha resposta natural  á experiencia adquirida coa nosa primeira incursión no mundo dos destilados, e respondendo á demanda do propio mercado.  Estes  licores en botella, súmanse a Pingas do Marqués para ofrecer un produto etiquetado, controlado e profesionalizado a toda a canle horeca e alimentación. Queremos que o consumidor goce dun consumo que reúna todas as garantías hixiénicas e sanitarias e os maiores estándares de calidade”, afirmou Jorge Peláez, propietario de Adegas Marqués de Vizhoja.

2 de abril de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.