publicidade hoxe

XIX Encontros de teatro escolar e amateur en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Os XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande organizados polo IES Aquis Querquennis, CEIP Xoaquín Lourenzo e o Concello de Bande réxense polas seguintes bases:

1.-PARTICIPANTES

1.2.-Alumn@s de ensino non universitario.

1.3.-Grupos de teatro amateur.

2.-OBRAS

As obras presentadas neste certame han de estar escritas en galego, a súa duración será superior a 15 minutos e non excederá os 60 minutos.

En ningún caso se permiten obras lidas.

Cada centro poderá representar un máximo dunha obra.

3.-LUGAR

Salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo.

4.-DATAS

Do día 12 ao 16 de maio, coincidindo coa semana das Letras Galegas, podendo ser ampliable algún día máis.

5.- PREMIOS

Tódolos centros participantes recibirán un premio de 200€ e diploma de participación, agás no caso de que se considere que as obras presentadas non se axustan ás bases.

Aqueles centros que se despracen máis de 50 Km recibirán unha axuda de 40€. Cando a distancia fose de máis de 100km percibirán 70€.

6.- INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán ser enviadas antes do 1 de abril por calquera dos seguintes medios:

-Correo electrónico: concello@concellobande.com

-Enderezo: Concello de Bande – Dpto. de Cultura

Rúa San Roque, nº 2 – 2º

32840 Bande – Ourense

Para calquera aclaración poden chamar aos teléf.: 988 443 001/4 en horario de luns a venres de 9:00h.-14:30h. Persoa de contacto Noli Vázquez.

7.-DISPOSICIÓNS FINAIS

7.1.-A organización reservase o dereito de  modificar estas bases, cando as circunstancias o requiran.

7.2.-A organización decidirá sobre aqueles aspectos non previstos nas presentes bases.

7.3.-A participación no concurso implicará a aceptación das bases

17 de marzo de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.