Unha muller de 54 anos ferida de gravidade tras saírse da vía co seu coche
Unha muller de 54 anos resultou este sábado ferida de gravidade tras saírse da vía co coche e chocar coa cuneta.
Segundo a Garda Civil, os feitos tiveron lugar sobre as 8,45 horas na estrada OU-531, que comunica os municipios ourensáns de Xinzo de Limia e Cortegada. Máis concretamente, sucederon ao seu paso por Rairiz de Veiga, no quilómetro 14,100.
A condutora do turismo é a única implicada neste accidente. De 54 anos e veciña de Celanova (Ourense), tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).