publicidade hoxe

Unha empresa de Culleredo fomenta a inserción laboral a través da reciclaxe téxtil con fins sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

Desde o mes de xaneiro está en funcionamento en Culleredo unha empresa con fins sociais que se dedica á reciclaxe téxtil. Une a vertente de inserción laboral coa sustentabilidade ao recuperar material que doutro xeito iría ao vertedoiro.

É a primeira empresa galega dedicada a este labor  e o seu primeiro obxectivo a curto prazo  é converterse nun Centro Especial de Emprego (CEE)  para favorecer a inserción laboral das persoas con discapacidade.

A captación do produto realízana a través de colectores e caixas que que sitúan nos concellos nos que realizan colaboracións como Culleredo e Carral. Tamén colaboran con entidades  como APEM (Asociación prol enfermos mentais), ASPESOR (Asociación de Persoas Xordas da Coruña), CPR Plurilingüe Andaina, entre outras.

Teñen o compromiso de xestionar os roupeiros sociais dos concellos cos que colaboran.

Están a ter unha gran acollida xa que imparte talleres de reciclaxe téxtil aos máis pequenos nos concellos e entidades colaboradoras.

A asociación de vendedores ambulantes en colaboración con Insertega, está pendente de concretar datas en varios concellos para a realización de mercadillos solidarios de segunda man, na que poderán participar os particulares de cada Concello e profesionais de segunda man de distintos sectores.

13 de marzo de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.