publicidade hoxe

Un total de 26 empresas presentaron ofertas para a urbanización da estrada de acceso a Armenteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisPontevedra
A-
A+

Un total de 26 empresas presentáronse ao concurso público para a adxudicación das obras de urbanización da estrada provincial EP 9406, entre o punto quilométrico 15,000 e 15,400, no acceso ao mosteiro de Armenteira (Meis).

Esta semana procedeuse á apertura do sobre correspondente á  oferta técnica, que nestes momentos está sendo valorada polos técnicos para posteriormente proceder á apertura das ofertas económicas.

O obxectivo da Deputación é adxudicar os traballos neste mes de marzo, para poder iniciar as obras canto antes e rematalas para o verán.

A obra conta cun orzamento de 518.000 euros e permitirá dotar de servizos e mellorar a seguridade viaria nesta estrada.

Con esta finalidade, crearase unha senda peonil accesible que comunique os distintos núcleos poboacionais co mosteiro de Armenteira e humanizarase a rúa mediante a colocación de mobiliario urbano, a creación de zonas axardinadas e a dotación de alumeado público.

Co obxecto de facilitar o tránsito de peóns e vehículos e para mellorar a seguridade viaria, crearanse no contorno do Mosteiro unha zona reservada para estacionamento de autobuses e ao longo da estrada habilitaranse áreas de aparcamento. Tamén se crearán áreas de descanso e lecer para os viandantes, ademais da canalización dos servizos de saneamento, abastecemento, recollida de pluviais…

6 de marzo de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.