publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario dunha canteira en Melón resulta ferido ao caerlle unha pedra enriba dunha perna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido este mércores ao caerlle unha pedra enriba dunha perna mentres traballaba nunha canteira situada na Serra do Faro, no termo municipal de Melón (Ourense).

Segundo informou o 112, ao recibir a chamada de alerta ás 7,58 horas deste mércores, pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e solicitou colaboración da Guardia Civil e do GES de Ribadavia, aínda que non fixo falta a excarceración.

Ademais, debido á gravidade das feridas, segundo concretou o servizo de emerxencias, o helicóptero medicalizado con base en Ourense tamén se desprazou ata o lugar do suceso, así como unha ambulancia asistencial do 061.

O operario ferido, J.M.V.M., de 44 anos de idade, foi evacuado en helicóptero ao Hospital Cristal, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

19 de marzo de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.