publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un mozo perdeu a vida tras chocar co seu vehículo contra unha vivenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

Un mozo faleceu e outro resultou ferido este domingo tras saírse da vía co seu vehículo e impactar contra unha vivenda situada no termo municipal de Boimorto (A Coruña).

   Segundo informaron os Bombeiros de Arzúa, que interviñeron nas tarefas de axuda, o accidente produciuse no lugar de Corneda, o quilómetro 18 da AC-840, que une Betanzos con Agolada ao seu paso por Boimorto.

   O coche, no que viaxaban estes dous coruñeses de idades comprendidas entre os 25 e os 35 anos, impactou contra a vivenda pasadas as 6,00 horas deste domingo.

   Ata o lugar desprazáronse tamén dúas ambulancias asistenciais e  persoal sanitario da PAC de Arzúa, segundo informa Emerxencias 112. O ferido, que ía no asento de acompañante, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2 de marzo de 2014 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.