publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trabada conta cun punto limpo con 26 colectores financiado cun investimento de 260.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoTrabada
A-
A+
Agustín Hernández na visita ao punto limpo en Trabada

Agustín Hernández na visita ao punto limpo en Trabada

Os veciños do Concello de Trabada dispoñen dun punto limpo con 26 colectores nos que poder depositar de xeito correcto os residuos urbanos. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou esta mañá as instalacións que o seu departamento executou e financiou cun investimento de máis de 260.000 euros, onde aclarou que ademais dos iglús habituais para o depósito de vidro, papel ou cartón e envases, tamén hai colectores para a separación de radiografías, roupa, disolventes e aceites minerais.

Esta infraestrutura permitirá o depósito e clasificación daqueles residuos urbanos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade. Os obxectivos principais da construción desta infraestrutura consisten en separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente ou a saúde, como os medicamentos, baterías, pilas e pinturas, entre outros.

Hernández sinalou que para o Concello de Trabada esta instalación evitará a vertedura incontrolada de entullos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos. Por outra banda, facilitarase a recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe.

Rede de puntos limpos

O conselleiro destacou o esforzo que o seu departamento está a facer no ámbito da xestión ambiental, co impulso da rede de puntos limpos en Galicia; pois a día de hoxe un 75% dos cidadáns galegos dispón de servizo de punto limpo, a través dos 133 puntos fixos instalados ao longo da xeografía galega. Destacou que só na provincia de Lugo esta rede está conformada por 31 instalacións deste tipo. O obxectivo do departamento que dirixe Hernández é que a rede de puntos limpos se duplique ata 2020 para dar cobertura ao 100% da poboación.

31 de marzo de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.