publicidade hoxe

Sober organiza unha cata de viño para invidentes en colaboración coa ONCE Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober en colaboración coa ONCE Lugo organiza unha cata comentada de viños para invidentes. A actividade terá lugar mañá sábado ás 12 horas no Salón de Actos da Casa Consistorial de Sober e nela van participar unha decena de persoas con dificultades visuais da provincia de Lugo.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que se trata dun colectivo que non sempre se ten en conta cando se programan actividades deste tipo, polo que considera importante “que poidan apreciar as calidades e características dos nosos viños”. A cata forma parte dos actos programados con motivo do Mes do Amandi, a antesala da XXXIV Feira do Viño de Amandi que se desenvolverá na localidade os días 12 e 13 de abril.

A xornada de iniciación á cata será impartida pola doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Mariana González Álvarez. En concreto, traballarase sobre viños brancos, tintos xoves e barrica.

28 de marzo de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.