publicidade hoxe

Sober conmemora cunha excursión a Viveiro o Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa organización dunha excursión a Viveiro na que participarán 25 mulleres de Villaescura, Canabal e Sistín do Mato. As mulleres de Sober aproveitarán para pasar o día xuntas, desfrutar da compañía das veciñas e facer turismo pola Mariña de Lugo.

O Concello de Sober habilita un autobús para a viaxe que sairá de Villaescura ás 09:30 horas. Unha vez en Viveiro as mulleres farán un percorrido polo casco histórico e varias visitas de interese natural, unha delas ao miradoiro do monte de San Roque, ao Souto da Retorta e á praia de Covas.

O ano pasado o lugar elixido para facer a excursión foron os municipios ourensáns de Verín e Celanova.

O Concello de Sober súmase así, como vén facendo todos os anos, á celebración do Día Internacional da Muller co obxectivo de que cada vez as diferenzas entre ambos os sexos sexan menores e poder camiñar cara un mundo baseado na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

7 de marzo de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.