publicidade hoxe

Seis veciños de Frades participaron nun curso de adestramento de cans de caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

Un total de seis veciños e veciñas de Frades participaron na primeira edición do Curso de Adestramento de Cans de Caza, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar durante os dous últimos sábados. O concelleiro de Gandería, Manuel Ferreiro Marzoa, foi o encargado de entregarlles os diplomas de asistencia aos alumnos, que aprenderon as pautas básicas para dirixir a un bo can cazador.

O curso, de dezaseis horas de duración, foi impartido por un profesor titulado da Federación de Caza de Galicia. Tras unha primeira clase teórica no multiúsos de Frades o sábado 8 de marzo, que incluíu tamén unha exhibición con cans; durante o pasado sábado 15 de marzo os alumnos realizaron unhas sesións prácticas cos seus cans nos montes de Frades.

17 de marzo de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.