publicidade hoxe

Sábrego 2010 de José Luís Mateo obtivo o Premio Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterreiVerín
A-
A+

Celebrouse onte na Cidade da Cultura (Santiago) a cerimonia de entrega dos Premios Mágnum que concede o Instituto Galego do Viño, dirixido por Xoán T. Cannas.

O viticultor e adegueiro da Denominación de Orixe Monterrei, José Luís Mateo García alzábase onte co Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego polo seu viño Sábrego 2010, un monovarietal de Dona Branca que tamén dispón do selo de garantía de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Sen dúbida, é esta unha excelente noticia para a Denominación de Orixe Monterrei que actualmente atravesa unha fase de crecemento, tanto no volume de produción como no que respecta ao recoñecemento dos seus viños e notoriedade de marca.

Proba diso, é a recente colaboración dos Viños de Monterrei co Grupo Nove. Concretamente na recente presentación do libro “Nove e a Nova Cociña Galega”, unha edición que fai gala dos máis de dez anos de traxectoria deste prestixioso grupo de cociñeiros, embaixadores do produto e da gastronomía de Galicia no mundo. Feito que se volverá a repetir nun futuro próximo, con novas accións nas que o grupo coñecerá máis de preto os viños e peculiaridades da Denominación de Orixe Monterrei.

Algo máis sobre “Sábrego 2010”: Viño ecolóxico da variedade Dona Branca. Procedente de cepas de corenta anos, cultivadas en vaso en terreos arenosos.

A vinificación responde a un proceso de fermentación espontánea, seguida de  un ano de crianza en depósitos de aceiro inoxidable. O viño se embotella sen desfanga, nin filtrar. Estancia do viño en botella de polo menos un ano, antes de saír ao mercado.

19 de marzo de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.